A porta principal desta igrexa ábrese acubillada por dous pares de columnas -dúas lisas e dúas salomónicas- sobre as que descansan varios arcos de medio punto. Dentro destes arcos atopamos un tímpano figurado do século XII. A inscrición que aquí aparece, ademáis de sinalar en latín que a igrexa se consagrara baixo o padroado de San Martiño, San Emiliano e San Bricio, remata coa inscrición “ARIAS FECI”; este epígrafe fai referencia a un personaxe da liñaxe dos Arias, familia que vivía no Morrazo e tamén entre os abades do mosteiro de Ermelo, que debeu mandar facer esta xoia arquitectónica de Moaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario